Etiquetas

Biografía (6) Diario (5) Dosier (1) Gonzalo (5)

sábado, 31 de enero de 2015

Derradeira sesión

Nesta derradeira sesión das aulas pretámoslle especial atención a dous aspectos da materia, ós dous últimos temarios.

Por unha parte vimos os programas europeos. Hai non moito tempo había moitos tipos de programas, que hoxe se reducen a un: o Erasmus+. Dentro deste pódense atopar moitos tipos de programas interesantes. Un dos que máis nos interesan e o KA1. Este programa de mobilidade para profesorado (e alumnado de FP) resulta moi interesante. Para poder realizar este programa o centro no que un traballa debe facer unha proposta de que necesita que aprendan os seus profesores. Unha vez feito esto presentarán profesores para tal causa. Sería moi proveitoso poder formar parte deste programa, xa que un pode aprender moito doutros profesores doutros países. Tamén ten un propósito de promulgación, estes coñecementos adquiridos non deben quedar no centro, senon que debe ser promulgado e extendido. Este é o propósito final do programa. O KA2 trata o intercambio de prácticas educativas. Para formar parte destes programas non é necesario traballar nun centro público; o centro pode ser privado ou incluso unha academia. O problema deste último caso é que cantos máis alumnos teña o centro máis puntos ten, polo tanto sería menos probable conseguilo.

Outros programas interesantes de colaboración entre centros financiados e propostos pola Unión Europea teñen lugar telemáticamente. Un deles é o e-Twinning. Deste programa falou a nosa compañeira Marta.
O programa que a min me compete é o PopuLLar Project. 
Pincha aquí para ir á paxina web. Este proxecto ten a ver moito cos temas de Aprendizaxe Basado en Proxectos e a Motivación, da que falaremos despois.







  • Para ver o contexto do proxecto pincha aquí.
  • Se queredes botarlle un vistazo á guía metodolóxica, aquí a tendes.
  • Un dos arquivos máis interesantes é a guía do profesor. Esta contén a explicación do proxecto, ferramentas varias con titoriais a todas as ferramentas propostas, actividades, etc. Moi completa.
  • Por último, hai dúas guías para o alumno: unha guía paso a paso e unha guía de materiais, recursos e actividades.


A motivación é o motor que move a educación, por esta razón é tan importante. Esta pode ser intrínseca, se vén dada por un mesmo; ou extrínseca, se é algo axeno a nós o que a provoca. Cando somos adolescentes o máis doado sería que a motivación viñese de un mesmo, pero isto non sempre é así. O máis normal con respecto á educación é a motivación extrínseca, xa que estudiamos para conseguir un fin, ás veces ata necesitamos unha nota determinada para chegar a tal fin, e isto é o que nos motiva a estudar. Este tipo de motivación é tan válida como a intrínseca; pero cando un está motivado de por si, adoita pasar pola súa etapa estudiantil de maneira máis doada e seguramente con mellores resultados.

Un traballo moi interesante é o de Vivien Cook con respecto da multicompetencia. Defende que un falante de dúas línguas é máis competente á hora de dar aprender ou ensinar unha língua, desmitificando así a idea do falante nativo. Temos falado moito disto na clase. Na miña opinión, un falante da L1 ten as súas vantaxes, e un falante da L2 outras, como saber o proceso polo cal pasan os estudantes, ó ter pasado nón tamén por él, comprender calcos, etc. Para máis información mirade a presentación da nosa compañeira Elisa.

Queridas compañeiras, foi un placer pasar estes últimos meses con vós e aprendermos unhas de outras. Moitas grazas e ata pronto.

viernes, 30 de enero de 2015

Traballo por proxectos

Dimo e esquecerei, móstramo e lembrarei, involúcrame e comprenderei. Este proverbio chino mostra moi ben en que se basa o traballo por proxectos. Esta tendencia, que ten a súa orixe no constructivismo, centra a súa atención no alumnado. O profesor, como vimos dicindo dende hai moitos meses que debería ser, é un guía e un coordinador, pero o protagonista absoluto é o alumnado.


O traballo por proxectos non é o mesmo que o traballo por tarefas, xa que este último trata de tarefas illadas, sen conexión entre si. Sen embargo, no traballo por proxectos todo ten un fin, e este fin é moi importante que teña difusión, xa que implementa a motivación dos alumnos á hora de facer o traballo.

Na miña opinión, un dos aspectos máis beneficiosos son o incremento de motivación, xa que é un factor moi importante para o alumnado, se este está motivado fará a actividade ou traballo de maneira máis doada e con mellor resultado. Por outra parte, promove a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo: hoxe en día saber traballar en equipo é moi importante, tamén é un dos requisitos que piden as empresas á hora de incorporarse ó mundo laboral, polo tanto a mellor maneira de promover este traballo colaborativo é que empecen canto antes. Tamén cubre as necesidades de traballo autónomo que unha persoa necesita. ¿Qué máis se pode pedir? Pois axuda a adquirir competencias como a colaboración, a planificación, a toma de decisións e a administración do tempo, competencia primordial. Por último, mencionar o aumento da autoestima, ó darlle logro e valor o traballo feito, este feito é moi importante en toda a etapa da vida, pero aínda o é máis na adolescencia, etapa complicada na que todos buscan ser ben valorados e a aprobación.

Hai moitos tipos de traballos por proxectos. Como futuras docentes deberemos saber cal é e en que momento levar a cabo un ou outro, pero o que está claro é que, con todos estes beneficios, non podemos obvia a importancia deste tipo de proxectos. Todo é proveitoso.


domingo, 25 de enero de 2015

Speaking time

Nesta última sesión tratamos como lidiar ca materia speaking. De sempre se lle deu moita importancia á interacción social en tódalas academias de inglés, pero non tanto nos colexios. Os/as profesoras tenden a falar na L1 mentres explican a L2, polo menos esa é a tendencia ata agora. Comprendo que é difícil tratar con adolescentes que perden o fío porque non entenden, que lles tes que explicar o exercicio mil veces de mil veces diferentes para que saiban como facelo. A perseverancia moitas veces non dá os seus froitos e os/as docentes frústranse e escollen a vía fácil para que lles...nos dea tempo a dar o currículo.

Partindo desta base e do citado nas entradas anteriores, parece que escoitar e falar é máis importante nunha lingua para poder comunicarse. É certo que non se pode chegar a entender unha lingua sen coñecer a súa gramática. Pero isto é un erro de base. Eu aprendín a falar e a entender á xente do meu país moito antes de ser consciente da súa gramática. Isto pasa por: 1º escoitar, 2º falar, 3ºler e escribir. ¿Por qué non seguir esta mesma secuencia na L2? O feito é que, cando o alumnado chega a secundaria, non sabe practicamente nada de inglés, e bioloxicamente é esta a etapa na que se empezan a extraer regras gramaticais, pero non se debe deixar tampouco a fala a parte, é moi importante seguir impulsando a fala e a interacción social.

Na citada última sesión vimos como hai moitas actividades para practicar a fala: role plays, debates, cantar cancións, xogos de palabras, teatro... (exemplos dados polas alumnas) O profesor Gonzalo deunos varias opcións tamén para tratar diferentes destrezas mentres se trata a fala, como por exemplo a memoria, a gramática , o rexistro (moi importante nesta época actual).

Un dos aspectos que chama clamorosamente a atención é o uso da linguaxe non verbal. É necesario ensinar certos aspectos desta xa que non é a mesma en tódalas culturas, máis ben é diferente en tódalas culturas e significa un 80% da interacción verbal, o que o fai algo sumamente primordial. ¿Como ensinar esa parte tan principal dunha cultura sen ter sido/a criado/a nesa cultura? Este é un reto máis dos docentes de lingua estranxeira. Algunhas das opcións dadas na aula foron: ver un video sen sonido e hipóteses de diálogos; solucións moi válidas e apropiadas.
Finalmente, o profesor Gonzalo esclareceu varias nocións usando unhas diapositivas, a modo de resumo e esclarecemento. Discirne no xa citado e infire na planificación por parte do profesor, moi importante. Outro aspecto a salientar son as dificultades que pode atopar un falante da L2, como os factores de coñecemento e de destrezas, que poden dar como consecuencia factores afectivos, isto é, que o alumno/a sinta vergoña ou inseguridade, o que pode provocar que diminúa a fluidez e a confianza nun mesmo, incluso a negación a facer este tipo de exercicios.

Espero que como futuros/as docentes saibamos, ou polo menos lidiar e suavizar, con tódalas dificultades para as que nos están a preparar. Good luck!



martes, 13 de enero de 2015

Orella

Un moi bo profesor meu da miña etapa adolescente adoitaba ir berrando "¡orella!" clase por clase. El sempre nos explicaba que unha lingua é na súa gran maioría escoitar, escoitar e volver escoitar. Na derradeira sesión recordei con moito agarimo a este gran home. A el encantaríalle a frase: "Escoitamos un libro ó día, falamos un libro á semana, lemos un libro ó mes e escribimos un libro ó ano".


Segundo a miña propia experiencia, e a da maior parte das miñas compañeiras polo que teño escoitado, a actividade de Listening foi sempre algo que aborrecer. Na maior parte dos casos non se axeitaba ó nivel, non tiña o menor interese e non se adecuaba a situacións reais de comunicación.

Falando con sinceridade, en realidade a sesión de Listening non me resultou moi productiva. O profesor Gonzalo dedicouna a explicar un novo método, unha nova alternativa que suscitou máis preguntas que respostas. Finalmente non quedou moi claro de que trataba este método ó non vermos unha aplicación real, un exemplo de actuación. 

O certo é que o método tradicional ten demasiadas feblezas. Ségueme abraiando esa intención de enganar e perder ó que escoita poñendo preguntas demasiado difíciles que non son capaces de responder, respostas que fan dubidar aínda máis que as preguntas. É incluso común entender perfectamente o que di o audio pero non saber responder, non atopar a resposta axeitada, dubidar. Na miña opinión, se alguén entende o que se di no audio, non debería ser difícil contestar. ¿A misión dun bo exercicio de Listening é que sexa tan difícil que non se saiba contestar?

Para frenar esta tendencia é moi importante un cambio radical. Os materiais deberían motivar ó alumnado. Ben é certo que as series actuais, por exemplo, motivan moito, pero non deben ser nunca os únicos materiais. Está claro que axudan pero tampouco queremos que os alumnos saiban comunicarse en Invernalia, senon no mundo real. Para isto é preciso unha aplicación en varios contextos. ¿Algunha idea?



martes, 16 de diciembre de 2014

To write or not to write, that is the question

Hoxe en día a palabra escrita está en decadencia. O primeiro día na clase con Gonzalo explicounos que a escrita está olvidada e que debería ser outro dos aspectos primordiais nunha aula. Nisto estou de acordo, pero tamén é certo que tal como estaban ata agora plantexadas estas actividades, resultaban soporíferas e cargantes. Tamén hai que avanzar e tratar de innovar a este respecto.

O profesor debe concienciar ó alumnado do importante que é escribir. Parece que a escrituro só ten a ver ca literatura e con escribir a boli, parece que a xente esqueceu que este método tan rudimentario tamén é importante; pero sen olvidar que as novas tecnoloxías están moi presentes nas nosas vidas, e que nelas tamén escribimos, tódolos días. 

Unha persoa pois, debe aprender a diferenciar os rexistros de escritura. Non se escribe igual un e-mail a un amigo que un e-mail a unha empresa. É de primeira necesidade que isto se aprenda, para despois non ter que escoitar nin ver cousas como as que se ven hoxe en día. Moitos alumnos de universidades escriben ós seus profesores con abreviaturas de palabras e coma se fosen colegas, e non se debe permitir.


De seguro que me sorprendeu moi gratamente esta sesión, persoalmente abriume os ollos en moitos aspectos. Un dos máis importantes é a concienciación da escritura como un proceso e non coma un resultado. As novas metodoloxías didácticas céntranse máis no proceso dunha actividade ou mesmo da aprendizaxe, máis que no produto das mesmas. Na miña opinión é un gran acerto. Non é tan importante o resultado dunha acción senón o proceso que nos levou a esa conclusión. Por este motivo a escritura debería seguir tamén estes derroteiros. Outro aspecto positivo é que o alumnado deixa de estar preocupado por facer un resultado bo e céntrase no proceso de aprendizaxe que xorde ó seguir certas pautas para lograr un produto final. Isto inclúe, con certeza, que dito produto final mellore con creces.

A pesar de tódolos aspectos positivos que recolle este tipo de escritura, non había de faltar algún contra. Como sempre se comenta, o feito de facer as cousas "ben" leva moito máis tempo. O currículo actual é extenso e coma moitos profesores din: "e que se me paro moito nisto, non da tempo a dar isto outro". Imaxinémonos pois que nos paramos moito en todo, non daría tempo a nada. É importante pois, planear e organizar todo exhaustivamente para que non se nos escorra das mans tódolos nosos plans, plans que facemos con toda a vontade, para así non ter que escoitar a eses mesmos profesores dicir: "os novos sempre vindes con boas intencións e despois todo queda en fuma cando vedes a realidade". Sinceramente, tantas veces escoitei isto que empezo a ter algo de pavor. ¿Ocurriranos iso? Eu espero que non, de feito teño moita ilusión e moitas esperanzas postas nas novas xeracións de profesores, porque a situación actual ten que cambiar.

Outra das innovación en didáctica que se veu dando estes últimos anos é a cooperatividade, primordial nestes tempos que estamos a vivir. A cooperatividade obriga, en certa maneira, a que os alumnos se motiven e se esforcen. É unha gran oportunidade para romper barreiras entre persoas e motivalas.


Por último quería facer referencia ó blog da miña compañeira Adriana, tivo moitas grandes ideas, e de seguro que ten máis e espero que as vaia compartindo connosco.

Saúdos

domingo, 14 de diciembre de 2014

En busca de la programación perfecta II
Objetivos

Esta entrada empieza aquí.


Los objetivos generales para el bachillerato están bien definidos y separados. No están relacionados directamente con los contenidos y las competencias, pero sí que engloba todas ellas (speaking, listening, writing, reading and grammar). Leyéndolos da la impresión de que todo (contenidos y secuenciación) están bien relacionados y pensados para lograr los objetivos del bachillerato. A pesar de que cuentan con puntos fuertes al realizar una primera lectura, si se hace un análisis concienzudo y comparativo con los objetivos particulares de cada unidad, pueden apreciarse carencias o incongruencias.


En los objetivos generales no se nombra en absoluto la gramática o el enriquecimiento del léxico, sí aparecen representados en los objetivos concretos de cada unidad. Si nos apartamos de los objetivos y miramos los contenidos y la secuenciación de las unidades vemos que se centran en gran medida en ellos y componen gran parte de las unidades.


Dentro de estos también nombra, muy por encima, la interdisciplinariedad, representando el aprendizaje del inglés como una herramienta útil para buscar información sobre las demás materias del currículum, pero no al contrario, es decir, utilizar el inglés para aprender sobre otras materias. Sin embargo, en los objetivos concretos de cada unidad, parece centrarse más en este aspecto que en el primero.


Menciona el autoaprendizaje como uno de los objetivos de etapa y de cada unidad, sin embargo, los contenidos y secuenciación de dichas unidades no parecen tener relación con lo mencionado en los objetivos.


El uso de las Tic también se nombra en los objetivos generales, no así en los de cada unidad. Además, las unidades están muy centradas en el libro de texto y en los métodos más habituales y rudimentarios.


Por último, la autoevaluación parece ser un objetivo muy importante, ya que se menciona en todos los apartados de objetivos tanto generales como de cada unidad didáctica. Sin embargo, en el apartado de evaluación de cada unidad no se menciona en absoluto este tipo de evaluación, sino formativa y sumativa como se menciona posteriormente.

En resumen, los objetivos se representan como un todo ambicioso que resulta no estar representado de la misma manera en la secuenciación de las unidades. Si separásemos los contenidos de los objetivos parecerían programaciones diferentes, más aun si los comparamos con la secuenciación del aula, que carece de coherencia. El resultado no se sabe muy bien si está determinado por el libro de texto o el libro de texto ha determinado la programación. Desde luego, nada que ver con los objetivos.




Sigue leyendo aquí.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Avaliación

Nesta derradeira sesión vimos como podemos avaliar nunha aula de inglés. É importante, á hora de avaliar, controlar tódolos aspectos.

En primeiro lugar, o profesor é quen debe ter todo ben plantexado e analizado, organizado. Debe presentar ó alumnado o primeiro día de clase que vai ser avaliado e que non, como vai ser avaliado, e quen o vai avaliar.

É preciso ter en conta tres aspectos:

1. O tipo de avaliación.

  •  Ten a ver con quen avalía. Neste aspecto a avaliación pode ser de tres tipos:
    • Auto-avaliación, se o alumnos se avalía a si mesmo.
    • Co-avaliación, se os alumnos se avalían entre eles.
    • Hetereo-avaliación se é o profesor quen avalía ó alumnado.
    • Ten a ver con cando avaliar. Así, pode ser:
      • Avaliación inicial. Con esta preténdese diagnosticar os coñecementos previos do alumnado.
      • Avaliación formativa. Realízase durante a aprendizaxe, serve para comprobar que a aprendizaxe está a ser efectiva e continua.
      • Avaliación sumativa. Esta realízase ó finalizar a aprendizaxe, serve para comprobar qeu se consolidaron as aprendizaxes.
    • Existen outros tipos de avaliación
      • Saberes (nivel) vs capacidades (competencias).
      • Norrmativa vs criterio.
      • Directa vs indirecta.
      • Subxectiva vs obxectiva.
      • Impresións
      • Holística vs analítica
    É necesario avaliar tamén a escritura e a oralidade. Para este cometido un profesor ou profesora pode servirse de varias ferramentas:
    • A folla de control
    • A grella de avaliación
    • A folla de observación
    Unha boa avaliación debe combinar varios aspectos de todos estes recursos. En ningún lugar debe centrarse nun so destes aspectos. Para máis información consultade este prezi.