Nesta última sesión tratamos como lidiar ca materia speaking. De sempre se lle deu moita importancia á interacción social en tódalas academias de inglés, pero non tanto nos colexios. Os/as profesoras tenden a falar na L1 mentres explican a L2, polo menos esa é a tendencia ata agora. Comprendo que é difícil tratar con adolescentes que perden o fío porque non entenden, que lles tes que explicar o exercicio mil veces de mil veces diferentes para que saiban como facelo. A perseverancia moitas veces non dá os seus froitos e os/as docentes frústranse e escollen a vía fácil para que lles...nos dea tempo a dar o currículo.
Partindo desta base e do citado nas entradas anteriores, parece que escoitar e falar é máis importante nunha lingua para poder comunicarse. É certo que non se pode chegar a entender unha lingua sen coñecer a súa gramática. Pero isto é un erro de base. Eu aprendín a falar e a entender á xente do meu país moito antes de ser consciente da súa gramática. Isto pasa por: 1º escoitar, 2º falar, 3ºler e escribir. ¿Por qué non seguir esta mesma secuencia na L2? O feito é que, cando o alumnado chega a secundaria, non sabe practicamente nada de inglés, e bioloxicamente é esta a etapa na que se empezan a extraer regras gramaticais, pero non se debe deixar tampouco a fala a parte, é moi importante seguir impulsando a fala e a interacción social.
Na citada última sesión vimos como hai moitas actividades para practicar a fala: role plays, debates, cantar cancións, xogos de palabras, teatro... (exemplos dados polas alumnas) O profesor Gonzalo deunos varias opcións tamén para tratar diferentes destrezas mentres se trata a fala, como por exemplo a memoria, a gramática , o rexistro (moi importante nesta época actual).
Un dos aspectos que chama clamorosamente a atención é o uso da linguaxe non verbal. É necesario ensinar certos aspectos desta xa que non é a mesma en tódalas culturas, máis ben é diferente en tódalas culturas e significa un 80% da interacción verbal, o que o fai algo sumamente primordial. ¿Como ensinar esa parte tan principal dunha cultura sen ter sido/a criado/a nesa cultura? Este é un reto máis dos docentes de lingua estranxeira. Algunhas das opcións dadas na aula foron: ver un video sen sonido e hipóteses de diálogos; solucións moi válidas e apropiadas.
Finalmente, o profesor Gonzalo esclareceu varias nocións usando unhas diapositivas, a modo de resumo e esclarecemento. Discirne no xa citado e infire na planificación por parte do profesor, moi importante. Outro aspecto a salientar son as dificultades que pode atopar un falante da L2, como os factores de coñecemento e de destrezas, que poden dar como consecuencia factores afectivos, isto é, que o alumno/a sinta vergoña ou inseguridade, o que pode provocar que diminúa a fluidez e a confianza nun mesmo, incluso a negación a facer este tipo de exercicios.
Espero que como futuros/as docentes saibamos, ou polo menos lidiar e suavizar, con tódalas dificultades para as que nos están a preparar. Good luck!


No hay comentarios:
Publicar un comentario