Dimo e esquecerei, móstramo e lembrarei, involúcrame e comprenderei. Este proverbio chino mostra moi ben en que se basa o traballo por proxectos. Esta tendencia, que ten a súa orixe no constructivismo, centra a súa atención no alumnado. O profesor, como vimos dicindo dende hai moitos meses que debería ser, é un guía e un coordinador, pero o protagonista absoluto é o alumnado.
O traballo por proxectos non é o mesmo que o traballo por tarefas, xa que este último trata de tarefas illadas, sen conexión entre si. Sen embargo, no traballo por proxectos todo ten un fin, e este fin é moi importante que teña difusión, xa que implementa a motivación dos alumnos á hora de facer o traballo.
Na miña opinión, un dos aspectos máis beneficiosos son o incremento de motivación, xa que é un factor moi importante para o alumnado, se este está motivado fará a actividade ou traballo de maneira máis doada e con mellor resultado. Por outra parte, promove a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo: hoxe en día saber traballar en equipo é moi importante, tamén é un dos requisitos que piden as empresas á hora de incorporarse ó mundo laboral, polo tanto a mellor maneira de promover este traballo colaborativo é que empecen canto antes. Tamén cubre as necesidades de traballo autónomo que unha persoa necesita. ¿Qué máis se pode pedir? Pois axuda a adquirir competencias como a colaboración, a planificación, a toma de decisións e a administración do tempo, competencia primordial. Por último, mencionar o aumento da autoestima, ó darlle logro e valor o traballo feito, este feito é moi importante en toda a etapa da vida, pero aínda o é máis na adolescencia, etapa complicada na que todos buscan ser ben valorados e a aprobación.
Hai moitos tipos de traballos por proxectos. Como futuras docentes deberemos saber cal é e en que momento levar a cabo un ou outro, pero o que está claro é que, con todos estes beneficios, non podemos obvia a importancia deste tipo de proxectos. Todo é proveitoso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario