Etiquetas

Biografía (6) Diario (5) Dosier (1) Gonzalo (5)

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Avaliación

Nesta derradeira sesión vimos como podemos avaliar nunha aula de inglés. É importante, á hora de avaliar, controlar tódolos aspectos.

En primeiro lugar, o profesor é quen debe ter todo ben plantexado e analizado, organizado. Debe presentar ó alumnado o primeiro día de clase que vai ser avaliado e que non, como vai ser avaliado, e quen o vai avaliar.

É preciso ter en conta tres aspectos:

1. O tipo de avaliación.

  •  Ten a ver con quen avalía. Neste aspecto a avaliación pode ser de tres tipos:
    • Auto-avaliación, se o alumnos se avalía a si mesmo.
    • Co-avaliación, se os alumnos se avalían entre eles.
    • Hetereo-avaliación se é o profesor quen avalía ó alumnado.
    • Ten a ver con cando avaliar. Así, pode ser:
      • Avaliación inicial. Con esta preténdese diagnosticar os coñecementos previos do alumnado.
      • Avaliación formativa. Realízase durante a aprendizaxe, serve para comprobar que a aprendizaxe está a ser efectiva e continua.
      • Avaliación sumativa. Esta realízase ó finalizar a aprendizaxe, serve para comprobar qeu se consolidaron as aprendizaxes.
    • Existen outros tipos de avaliación
      • Saberes (nivel) vs capacidades (competencias).
      • Norrmativa vs criterio.
      • Directa vs indirecta.
      • Subxectiva vs obxectiva.
      • Impresións
      • Holística vs analítica
    É necesario avaliar tamén a escritura e a oralidade. Para este cometido un profesor ou profesora pode servirse de varias ferramentas:
    • A folla de control
    • A grella de avaliación
    • A folla de observación
    Unha boa avaliación debe combinar varios aspectos de todos estes recursos. En ningún lugar debe centrarse nun so destes aspectos. Para máis información consultade este prezi.







    No hay comentarios:

    Publicar un comentario