Etiquetas

Biografía (6) Diario (5) Dosier (1) Gonzalo (5)

martes, 16 de diciembre de 2014

To write or not to write, that is the question

Hoxe en día a palabra escrita está en decadencia. O primeiro día na clase con Gonzalo explicounos que a escrita está olvidada e que debería ser outro dos aspectos primordiais nunha aula. Nisto estou de acordo, pero tamén é certo que tal como estaban ata agora plantexadas estas actividades, resultaban soporíferas e cargantes. Tamén hai que avanzar e tratar de innovar a este respecto.

O profesor debe concienciar ó alumnado do importante que é escribir. Parece que a escrituro só ten a ver ca literatura e con escribir a boli, parece que a xente esqueceu que este método tan rudimentario tamén é importante; pero sen olvidar que as novas tecnoloxías están moi presentes nas nosas vidas, e que nelas tamén escribimos, tódolos días. 

Unha persoa pois, debe aprender a diferenciar os rexistros de escritura. Non se escribe igual un e-mail a un amigo que un e-mail a unha empresa. É de primeira necesidade que isto se aprenda, para despois non ter que escoitar nin ver cousas como as que se ven hoxe en día. Moitos alumnos de universidades escriben ós seus profesores con abreviaturas de palabras e coma se fosen colegas, e non se debe permitir.


De seguro que me sorprendeu moi gratamente esta sesión, persoalmente abriume os ollos en moitos aspectos. Un dos máis importantes é a concienciación da escritura como un proceso e non coma un resultado. As novas metodoloxías didácticas céntranse máis no proceso dunha actividade ou mesmo da aprendizaxe, máis que no produto das mesmas. Na miña opinión é un gran acerto. Non é tan importante o resultado dunha acción senón o proceso que nos levou a esa conclusión. Por este motivo a escritura debería seguir tamén estes derroteiros. Outro aspecto positivo é que o alumnado deixa de estar preocupado por facer un resultado bo e céntrase no proceso de aprendizaxe que xorde ó seguir certas pautas para lograr un produto final. Isto inclúe, con certeza, que dito produto final mellore con creces.

A pesar de tódolos aspectos positivos que recolle este tipo de escritura, non había de faltar algún contra. Como sempre se comenta, o feito de facer as cousas "ben" leva moito máis tempo. O currículo actual é extenso e coma moitos profesores din: "e que se me paro moito nisto, non da tempo a dar isto outro". Imaxinémonos pois que nos paramos moito en todo, non daría tempo a nada. É importante pois, planear e organizar todo exhaustivamente para que non se nos escorra das mans tódolos nosos plans, plans que facemos con toda a vontade, para así non ter que escoitar a eses mesmos profesores dicir: "os novos sempre vindes con boas intencións e despois todo queda en fuma cando vedes a realidade". Sinceramente, tantas veces escoitei isto que empezo a ter algo de pavor. ¿Ocurriranos iso? Eu espero que non, de feito teño moita ilusión e moitas esperanzas postas nas novas xeracións de profesores, porque a situación actual ten que cambiar.

Outra das innovación en didáctica que se veu dando estes últimos anos é a cooperatividade, primordial nestes tempos que estamos a vivir. A cooperatividade obriga, en certa maneira, a que os alumnos se motiven e se esforcen. É unha gran oportunidade para romper barreiras entre persoas e motivalas.


Por último quería facer referencia ó blog da miña compañeira Adriana, tivo moitas grandes ideas, e de seguro que ten máis e espero que as vaia compartindo connosco.

Saúdos

1 comentario:

  1. Sabela, muchísimas gracias por el link a mi blog. Me alegro de que pudiera resultarte interesante.
    Me ha gustado mucho tu reflexión y estoy de acuerdo contigo. Me parece muy importante que llamas la atención sobre el currículum y el docente que piensa "si me paro en esto, no llegaré". Me declaro completamente culpable, ahora. En las clases que imparto, he de reconocer que no invierto ningún tiempo en la escritura. Me da pavor porque debería dejarles "tiempo" para que reflexionen y trabajo, y me da miedo invertir esos minutos en "esperar". Es decir, tengo la sensación (ya sé que es fruto de mi imaginación) de que, si hago eso, les estoy timando, estoy malgastando el tiempo que debería estar enseñando. Tengo que cambiarlo. Tenemos que asumir que, dejarles hacer, a los alumnos, también es enseñarles. Tenemos que cambiar ese concepto de que, el buen profesor, es aquel que no calla y dota a los alumnos de conocimiento....

    ResponderEliminar